miércoles, 20 de marzo de 2013

UN BO COMEZO DE PRIMAVERA

                Hoxe, que empeza a primavera, tivemos no Colexio dúas actividades especiais. Por un lado un grupo de alumnos/as de 4º da ESO  do  Colexio  Virxe  Milagrosa  de  Bueu veu representarnos a obra de teatro , adaptada por eles ao galego, "Oliver Button é unha nena". E por outro lado, recibimos a visita da escritora Ana Alonso para falarnos dos seus libros.

 COMENTARIOS : 
Ana Alonso estivo xenial e foi moi sincera. Contounos un pouco da súa infancia e ademais firmounos os libros. (MARTÍN)

 A min encantoume a charla con Ana Alonso. Falounos de como se facían  as revistas  no  seu colexio cando era nena e de como ela se inspirou para escribir os seus contos. (MANUEL)

 Gustoume moito a obra de teatro e tamén a charla con Ana Alonso  ademais firmounos os libros. (ANDREA). 

 Ana Alonso contounos  moitas cousas : que de pequena  gustáballe moito  ler, que  aparte dos  libros  para  nenos  escribe  xunto co seu marido libros para adolescentes.Foi moi amable contestando a todas as nosas preguntas.(MARIO). 

Os  nenos/as  que  nos  representaron  a  obra  de  teatro ao rematar contáronos que eles mesmos fixeron as marionetas e que adaptaron o  guion  ao  galego. Ana Alonso  díxonos  que lle gusta moito o seu oficio e que leva bastantes anos dedicándose por completo a el. (TERESA).

Ana Alonso foi  moi simpática. Estivo  comentando os contos que escribiu para nenos e tamén parte da súa vida. Logo respondeu ás nosas preguntas e firmounos os libros. (DARÍO).

 O que máis me gustou foi a charla con Ana Alonso e as razóns que deu para ser escritora. (ELISA).

 A min o que máis me gustou foi que explicara tan ben as cousas e que respondera a todas as nosas preguntas. (UXÍA). 

 Ana Alonso contounos que xa de pequena escribía libros e poemas pero que non llos ensinaba a ninguén. (ALEXANDRA). 

Encantoume o libro "Desafío lunar" de Ana Alonso, pero aínda me gustou máis as explicacións que nos deu nesta charla. (CARLA). 

 Ana  explicounos  que  na  súa  casa cando ela era pequena estaba chea de libros por todas partes. Foi xenial!. (IRIA). 


No hay comentarios: