lunes, 23 de junio de 2014

OS CONTOS DOS CADROS



Durante o mes de xuño o alumnado de cuarto estivo expoñendo aos compañeiros e compañeiras de todo o cole uns contos que fixemos e que recollemos nun libro que se titula:

             OS CONTOS DOS CADROS.

Para facer estes contos primeiro buscamos nos libros da biblioteca un cadro  que nos gustase ou que nos suxerise algo. Observando atentamente a pintura e preguntándonos os motivos do tema, das cores,... inventamos estas historias

domingo, 22 de junio de 2014

OBRADOIRO NO 2º CICLO

Onte, o dia 19 de xuño, os nenos e nenas do 2º ciclo tivemos un obradoiro de PINTURA. A nai do noso compañeiro Carlos, ANA PATIÑO, foi a nosa monitora. Fixemos cadros con plantillas, revistas e incluso cos lapis. Despois os coloreamos e puxémolos a secar .E o profe Manolo limpou o chan cando caiu un bote.
Ese día pareceunos moi bonito!!! Esperamos repetilo o ano que ben.
(Laura Agulla e Carmen Comedeiro)

miércoles, 18 de junio de 2014

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

A primeira parada foi na praia de Camposancos na Guarda.
Alí estábanos esperando Agustín , un membro da Asociación Naturista Baixo-Miño (ANABAM) , que foi o noso guía.
Camiñamos tras el por un bosque de piñeiros ata chegar a un enorme eucalipto chamado "o avó" , que era tan groso que para abrazar ó seu tronco necesitamos a seis de nós.
Dalí fomos ata o arenal e observamos de cerca como o río Miño desemboca no mar, formando unhas fortes correntes de agua moi perigosas.
Logo estudamos as distintas clases de plantas que había (cardo, alelí da praia, leiterana, feo da praia )  E tamén recollimos cunchas e as clasificamos en gasterópodos e bivalvos.
Todas estas experiencias as fomos anotando nun caderno didáctico que nos regalou o noso guía Agustín ao comezo deste obradoiro.
Despois de comer , fomos ao monte Santa Trega , onde nos esperaba outro guía , Leo .Con el visitamos unha pequena parte do antigo castro ,o Vía Crucis , a capela de Santa Trega e o Museo. Con el aprendemos cousas moi interesantes.
Ao rematar este obradoiro , e antes de baixar do monte , compramos moitas cousas nas tendas de recordos.
Finalizamos a excursión en Baiona . Alí merendamos moi cerca de onde está atracada a réplica da carabela A Pinta.
 ¡Pasamolo moi ben!

Redactores : Raquel , Diego , José , Fernando , Ramón , Zulema e Lucía P.

viernes, 6 de junio de 2014

A SEGUNDA PARTE DE CINCENTA.

Hoxe estivo no noso colexio o grupo de teatro da FUNDACIÓN XOÁN XXIII de Cangas.
Representaron unha obra na que Cincenta non quería ser un personaxe de conto, quería ser unha muller libre.

"Foi unha obra moi fermosa porque me transmitiu unha realidade
agradable." (Gisela).
"Gustoume moito porque era moi divertido e fíxome rir". (Alba)
"O que me resultou máis gracioso foi a cantante que aparecía ao principio" (Aridane)
"A música representaba un papel importante nesta obra acompañando os sentimentos da protagonista"(Víctor)
"O vestiario era moi bonito" (PabloSoage)
"O baile final resultou gracioso, divertido e elegante" (Iris)

Moitas grazas por vir ao noso cole e noraboa porque o facedes moi ben.
Encantounos¡¡¡






jueves, 29 de mayo de 2014

O ILUSTRADOR LUÍS DAVILA NO COLE

A visita de Luís Davila pareceume xenial , porque fai uns debuxos extraordinarios. Botamos moitas risadas cos seus debuxos e incluso debuxounos o escudo do Celta.
Espero que volva pronto polo noso colexio.
Raquel Martínez Badea

Empezou mostrándonos como debuxar caras con variedade de expresións : de alegría , de enfado , de medo , de sorpresa ...
Nós tamén debuxamos nos nosos folios.
José Martínez Estévez

Foi unha pasada. Debuxa xenial. Ten unha destreza coas mans que me deixou impresionada.
Ademais foi moi amable deixándonos elexir a nós os debuxos.
Eva Álvarez Martínez





  

jueves, 22 de mayo de 2014

XOGOS POPULARES

  Hoxe , grazas á cortesía da   ASOCIACIÓN CORREDOIRAS , puidemos disfrutar, na última sesión , dos xogos tradicionais que nos deixaron na entrada do Colexio.

   A relación de xogos é a seguinte :


Cruz de espigos
Argollas no tallo
Mourón de cinco espigos
Tragabólas
Leiteira e caldeiro
Bóla colgada
Xogo da campá
Bolos con rampla
Tres ras
Barra inclinada 

 

miércoles, 21 de mayo de 2014

ACHEGAMENTO Á MÚSICA TRADICIONAL

Hoxe recibimos a visita de parte dos compoñentes da Agrupación de Música Tradicional Galega  MANXADOIRA , entre os que se atopaba a nosa compañeira Lucía Pretel.
A actuación e a charla foron moi interesantes e divertidas.

sábado, 17 de mayo de 2014

UN XORNALISTA NO NOSO COLEXIO

Onte xoves 15 veu Marcos Gago ao colexio . Marcos Gago estudou xornalismo en Santiago.Empezou  a traballar en La Voz de Galicia no 1995 e cubre as noticias dos pobos da Ría de Pontevedra. Coñece a moitos  famosos, entre eles  Javier Solana que veranea en Cela.
Repartiunos un xornal a cada un e foinos ensinando as seccións: local, Galicia, internacional, España, deporte, sociedade, economía, cartas ao director,...
La Voz de Galicia edita un suplemento especial e distinto en cada unha das sete cidades de Galicia onde publica as novas de cada unha desas cidades e das poboacións  próximas.
Falounos tamén de que hoxe en día  o acceso as  noticia e moi inmediata grazas ao emprego das novas tecnoloxías. A el, para facer o seu traballo, a empresa dalle un iPhone.
Explicounos como entrar no periódico dixital de La Voz de Galicia.
Fixémoslle preguntas e contounos moitas anécdotas, pero a que máis nos gustou foi cando tivo que dar a noticia de que habia unha balea no porto de Marín.
Foi unha charla moi interesante.


 .

miércoles, 14 de mayo de 2014

lunes, 12 de mayo de 2014

SEMANA DAS LETRAS

Comezamos a semana das Letras. Este ano o autor homenaxeado é o poeta Díaz Castro. Mañá realizaremos o primeiro dos actos da Semana Cultural de Beluso, participando no CORRELINGUA do Morrazo.
Na aula de cuarto  este ano preparamos as nosas camisetas con adxectivos da lingua galega.